E-boletíns informativos
2012
Boletíns informativos publicados durante o ano 2012
Boletín informativo decembro 2012
Sumario:
-O Valedor visita o Centro de Educación Especial Duques de Lugo no Día da Infancia.. páx. 1
-Propostas do Valedor para afrontar os desafiuzamentos de vivenda habitual... páx. 2
-Información de interese e axenda... páx.2
Tema principal:
Alertado pola notoria situación na que se atopan numerosas familias en Galicia, afectadas polas execucións hipotecarias e a perda da vivenda habitual, o Valedor do Pobo iniciou unha actuación de oficio sobre este problema social.
Boletín electrónico novembro 2012
Sumario:
-O Valedor activa un plan de optimización enerxética que reducirá as facturas de consumo un 35%... páx. 1
-Queixa terminada con éxito: Sen papeis e vítimas de trata recibirán asistencia sanitaria... páx. 2
-Información de interese e axenda... páx.2
Tema principal:
O Valedor activa un plan de aforro enerxético que reducirá as facturas de consumo un 35%. A institución mellorará o sistema de aclimatación, adaptará o contrato de servizo ás necesidades reais e substituirá as lámpadas por modelos eficientes, o que lle permitirá reducir un 15% o consumo enerxético.
Boletín electrónico outubro 2012
Sumario:
-O Valedor logra que os concellos actúen contra o consumo de alcol por menores... páx. 1
-Máximo anual de escritos de saída do rexistro do Valedor... páx. 2
-Información de interese e axenda... páx.2
Tema principal:
O Valedor logra que os concellos actúen contra o consumo de alcol por parte de menores. A institución estatutaria obtivo a aceptación dos principais concellos galegos á súa recomendación de activar medidas para impedir, con accións formativas e sancionadoras, que menores participen nos botellóns.
Boletín electrónico setembro 2012
Sumario:
Convenio para que se presenten queixas en todos os rexistros galegos
Preocupación do Valedor polo cobro da plusvalía aos desafiuzados
Información de interese e axenda
Tema principal:
Os cidadáns xa poden presentar as súas queixas en todos os rexistros galegos. O Valedor asina un convenio para garantir que os cidadáns poidan entregar os seus reclamacviones en todos os rexistros.
Boletín electrónico xullo 2012
Sumario:
:: O Valedor visita as instalacións de Down Galicia... 1
:: Queixa de oficio: uso de armas ilegais por parte de menores nos ximnasios... 2
:: Información de interese e axenda do Valedor... 2
Tema principal:
Visita do Valedor a Down Galicia. José Julio Fernández Rodríguez desprazouse o pasado 27 de xuño ás instalacións que a organización Down Galicia ten en Santiago para coñecer de primeira man os seus proxectos e as necesidades deste colectivo.
Boletín electrónico xuño 2012
Sumario:
:: José Julio Fernández Rodríguez, Valedor do Pobo en funcións... 1
:: Queixa de oficio sobre a presunta desprotección de dous menores... 2
:: Información de interese e axenda do Valedor... 2
Tema principal:
A Comisión de Peticións do Parlamento de Galicia, na súa reunión do 24 de maio de 2012, acordou o desempeño polo Vicevaledor 1º, José Julio Fernández Rodríguez, das funcións de Valedor do Pobo de forma interina. A institución garante que a situación de interinidade non afectará o máis mínimo ao seu labor de salvagarda dos dereitos das persoas.
Boletín electrónico maio 2012
Sumario:
:: O Informe Ordinario 2011 continúa a súa tramitación parlamentaria ante a Comisión de Peticións... 1
:: Marca de resolucións en 2011... 2
:: Información de interese e axenda do Valedor... 2
Tema principal ::
O Informe chega á Comisión. Benigno López González trasladou ao órgano parlamentario os resultados da actividade de 2012. na anualidade tramitou o maior número de expedientes, moitos deles baseados nunha afectación de dereitos sociais.
Boletín electrónico abril 2012
Sumario:
:: Entrega do Informe Ordinario 2011 ao Parlamento de Galicia... 1
:: De que se queixan os cidadáns galegos?... 2
:: Información de interese e axenda do Valedor... 2
Tema principal:
A crise dispara as queixas ao Valedor do Pobo. O Valedor entregou ao Parlamento o seu Informe do exercicio 2011 no que tramitou a cifra histórica de 2947 expedientes. O número de expedientes tramitados incrementouse nun 9%. Na anualidade emitíronse 225 resolucións, marca da defensoría. Servizos sociais, a área que recibiu máis queixas.
Boletín electrónico marzo 2012
Sumario::
Arrincan os talleres previos ás xornadas de coordinación de defensores sobre a enfermidade mental..... 1
Recepción ao Delegado do Goberno en Galicia..... 2
Resolucións e axenda do Valedor...... 2
Tema principal ::
O Valedor do Pobo estará representado nos tres talleres preparatorios das xornadas anuais de coordinación de defensores que este ano se centrarán a atención no tratamento da enfermidade mental. A institución xa participou na primeira das sesións dedicada a analizar o tratamento penal, procesual e penal dos enfermos.
Boletín electrónico Febreiro 2012
Sumario::
Queixa de oficio sobre a saturación das urxencias en Ourense..... 1
Investigación sobre as baixas temperaturas nun centro escolar..... 2
Resolucións e axenda do Valedor...... 2
Tema principal::
O Valedor investiga de oficio a saturación do servizo de urxencias do Hospital Universitario de Ourense, ante os presuntos problemas denunciados por algúns pacientes que aseguran esperar a ser atendidos ata un total de 72 horas.


