Ferramentas

Menú Principal

Importante

Axenda

Área Privada

Actualidade

  • Inicio>
  • Actualidade>
  • Novas>
  • Grande acollida do Informe Extraordinario “Menores vulnerables: desprotección e responsabilidade Penal”

Grande acollida do Informe Extraordinario “Menores vulnerables: desprotección e responsabilidade Penal”

23 de Maio do 2008

Voltar

Portada do informe de menores

Diferentes colectivos puxéronse en contacto coa institución do Valedor para transmitirlle os seus parabéns polo estudo sobre os nenos internos en centros de menores e infractores.

Santiago de Compostela. Dende a presentación do Informe Extraordinario “Menores vulnerables: desprotección e responsabilidade penal” o mes pasado, a institución do Valedor do Pobo recibiu numerosos parabéns de diversos ámbitos sobre o exhaustivo traballo realizado para analizar a situación dos nenos desprotexidos que residen en centros tutelados e a dos internos por ter cometido algún tipo de infracción.

O Colectivo Galego do Menor remitiu un escrito ao Valedor no que expresa a súa “sincera e calurosa felicitación polo claro e exhaustivo informe”. Tamén Arela, entidade de iniciativas de apoio a mocidade transmitiu vía telefónica os seus parabéns polo documento;  e a Fundación Meniños na súa páxina web recolle algunha das conclusións do mesmo. Salienta que o informe recomende “a potenciación dende a administración galega dos programas de integración familiar” que desenvolve a Fundación.
 
Nunha intervención parlamentaria na que explicou o Plan Estratéxico da Infancia e a Adolescencia para os anos 2007-2010, o propio vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana,  mentou o informe extraordinario,  ao que se referiu como unha ferramenta útil para avanzar no compromiso coa infancia. Dende este mesmo departamento, a Secretaria Xeral do Benestar, María Xesús Lago,  agradece ao Valedor do Pobo o recoñecemento ao labor despregado nos últimos tres anos e o paso adiante que supón a elaboración do Plan Estratéxico Galego. Aplaude a proposta de maior investimento para a atención aos menores e sinala a coincidencia de criterios en cuestións como a de favorecer o acollemento familiar dos nenos, entre outras.

Pdf