Actualidade
O Valedor do Pobo participou en Madrid no congreso “La trata de niños y niñas”
1 de Febreiro do 2008
Organizado por Save the Children permitiu afondar no problema da trata de menores en España.
A institución do Valedor do Pobo participou en Madrid os pasados días 28 e 29 de xaneiro no congreso “La trata de niños y niñas” convocado pola organización Save de Children. O foro permitiu afondar no calado deste problema na sociedade española e deu a conocer estatísticas e cifras sobre a súa incidencia.
Segundo constatou Save the Children, a trata de menores é xa o terceiro negocio ilícito máis lucrativo do mundo despois do tráfico de drogas e do de armas, e se calcula que move uns 23.500 millóns de euros ao ano no mundo. No encontro de Madrid déronse a coñecer datos da Organización para la Seguridad y la Cooperación en Europa (OSCE) sobre a incidencia destas prácticas en España. Os menores identificados pola policía, víctimas da explotación son xa 20.000 que foron obrigados a prostituirse, mendigar, cometer delitos ou mesmo teñen sido víctimas de redes internacionais de delincuencia nas que se lles obriga a traballar ou se lles somete a adopcións irregulares, entre outras prácticas.
A reunión de Madrid permitiu por otra banda constatar que as principais causas desta “escravitude do século XXI” son económicas (elevados niveis de pobreza), sociais (desigualdade de oportunidades), políticas (demasiados conflictos armados) e culturais (patrones sexistas).
O Valedor do Pobo, de conformidade coas directrices sobre trata de persoas do alto comisionado de Nacións Unidas, “entende que unha estratexia eficaz contra a trata de nenos require axeitados recursos de protección, policiais e xudiciais, encamiñados á promoción e protección dos dereitos humanos das víctimas”. Tamén defende a identificación dos afectados e dos seus tratantes, e a investigación e difusión do fenómeno e a implantación dun marco xurídico acorde.
O Valedor deixa deste xeito as portas da institución “abertas para o traballo conxunto” con cantas persoas, organizacións e institucións estean implicadas en facer fronte a esta lacra social e ratifica o seu compromiso para “promocionar, capacitar, discutir e informar para facer visible o invisible”.


