Ferramentas

Menú Principal

Importante

Axenda

Área Privada

Actualidade

  • Inicio>
  • Actualidade>
  • Novas>
  • O Valedor quere coñecer os mecanismos de control no uso que os menores fan dos ordenadores nas aulas de Abalar

O Valedor quere coñecer os mecanismos de control no uso que os menores fan dos ordenadores nas aulas de Abalar

31 de Maio do 2012

Voltar

sede

A institución recibiu denuncias de pais de alumnos nas que lle comunican problemas no control á hora de utilizar os equipos informáticos nas aulas.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2012.  A institución do Valedor do Pobo abriu con data de hoxe unha queixa de oficio co obxecto de coñecer que protocolo existe nos centros participantes no proxecto Abalar da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria  para controlar as prácticas dos escolares ante os equipos informáticos. Algúns pais veñen denunciando ante a defensoría notables ausencias de control rexistradas nalgúns centros nos que os rapaces empregan os ordenadores para navegar por redes sociais e acceder a contidos alleos á actividade docente.

 

 

 

Con data de hoxe, o Valedor do Pobo en funcións, José Julio Fernández Rodríguez, dirixe un escrito ao conselleiro de educación no que amosa a súa preocupación. “Á vista das informacións e comentarios que aparecen nalgúns escritos de queixa, esta institución, na mesma liña emprendida no seu Informe Extraordinario sobre o uso de internet por menores, quere amosarlle a súa preocupación polo que parecen ser algunhas disfuncións na implementación e seguimento polo profesorado dos ordenadores instalados nas aulas dos centros acollidos ao proxecto Abalar”, indica.

 

 

 

O presunto mal uso destas tecnoloxías nada ten que ver co espírito co que naceu proxecto Abalar arredor do concepto de crear na comunidade centros educativos dixitais, máis alá dos tradicionais, co obxecto de dotar á comunidade educativa de recursos humanos e pedagóxicos, así como de infraestruturas e servizos axeitados para o uso cotián da tecnoloxía.