Ferramentas

Menú Principal

Importante

Axenda

Área Privada

Actualidade

Secretarios xerais das defensorías autonómicas reúnense en Vitoria

9 de Marzo do 2012

Voltar

O Valedor durante as xornadas de coordinación do ano pasado

O encontro forma parte das sesións preparatorias das xornadas de coordinación de defensores que se celebrarán este ano en Zaragoza.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2012. A secretaria xeral do Valedor do Pobo participa durante a xornada de hoxe en Vitoria nun encontro cos seus homónimos das difeferentes comunidades autónomas, enmarcado nas sesións preparatorias das Xornadas de Coordinación de Defensores do Pobo que na súa convocatoria anual celebraranse o próximo mes de xuño en Zaragoza.

Ademais de estar presente na sesión de hoxe, o Valedor do Pobo estará representado nos tres talleres preparatorios das xornadas que porán sobre a mesa de debate o tratamento que as administracións dispensan aos enfermos mentais. Os talleres estreáronse xa o pasado 9 de febreiro en Madrid cunha sesión sobre Tratamento penal, procesual e penal do enfermo mental e que contou tamén con participación galega.

O resto das reunións preparatorias celebraranse nas próximas semanas en orde á seguinte cronoloxía: o 15 de marzo, o Defensor del Pueblo andaluz recibirá en Sevilla a representantes de todos os comisionados para debater acerca dos Tratamentos obrigatorios aos enfermos mentais. O 23 de marzo, fará o propio o Ararteko do País Vasco. Neste caso os participantes, entre os que se incluirá un representante do Valedor do Pobo, tratarán de reflectir nun documento as súas reflexións acerca da Enfermidade mental e colectivos especiais de mozos e maiores.

As conclusións alcanzadas en cada un dos talleres plasmaranse nun documento que os voceiros de cada un deles darán a coñecer no transcurso das XXVII Xornadas de Coordinación de Defensores do Pobo que os próximos días 12 e 13 de xuño celebraranse en Zaragoza e que reunirán, unha edición máis, a todos os titulares das defensorías autonómicas e a representantes do Defensor del Pueblo ao redor dun asunto que lles preocupa, nesta ocasión, o trato dispensado polas administracións á enfermidade mental.