Ferramentas

Menú Principal

Importante

Axenda

Área Privada

Actualidade

  • Inicio>
  • Actualidade>
  • Novas>
  • Investigación de oficio do Valedor en relación coa caída dunha invidente pola boca dun sumidoiro en Ames

Investigación de oficio do Valedor en relación coa caída dunha invidente pola boca dun sumidoiro en Ames

26 de Agosto do 2011

Voltar

Valedor do Pobo, Benigno López González

Benigno López González enviou un escrito ao alcalde de Ames para que informe sobre a presunta presenza dun sumidoiro aberto sen sinalizar no medio dunha beirarrúa transitada.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2011. O Valedor do Pobo, Benigno López González, mantén aberta desde o pasado 18 de agosto unha queixa de oficio para investigar as circunstancias que provocaron a caída dunha persoa invidente polo oco dun sumidoiro aberto sen sinalizar no Milladoiro, concello de Ames. Con este motivo diríxese ao alcalde da localidade co obxecto de que lle remita un informe acerca do sucedido e a atención dispensada desde o ente municipal á accidentada.

En concreto, o defensor galego desexa coñecer se o concello realizou comprobacións acerca da presenza dun oco no medio da beirarrúa polo que se precipitou a afectada. En caso afirmativo, desexa que lle comuniquen as causas polas que o sumidoiro permanecía aberto e as medidas correctoras a aplicar. Doutra banda, desde a institución ínstase o alcalde de Ames a que informe acerca da atención dispensada á persoa accidentada desde o ámbito municipal, co obxecto de apreciar se houbo un correcto proceder por parte da administración implicada.

O expediente foi aberto pola institución do Valedor do Pobo tras ter constancia de informacións nas que se aseguraba que unha muller invidente vendedora do cupón da ONCE sufrira unha aparatosa caída na Travesía do Porto de Milladoiro. Segundo as mesmas, tras precipitarse polo oco dun metro e medio que non puido esquivar, a pesar de levar bastón, sufriu mazaduras e lesións de diversa consideración.