Ferramentas

Menú Principal

Importante

Axenda

Área Privada

Actualidade

  • Inicio>
  • Actualidade>
  • Novas>
  • O Valedor, nomeado hoxe membro de honra do Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de A Coruña

O Valedor, nomeado hoxe membro de honra do Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de A Coruña

22 de Xuño do 2011

Voltar

Valedor

A xunta directiva do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de A Coruña acordou a distinición por unanimidade para recoñecer o apoio institucional e persoal que Benigno López González veu prestando á entidade profesional.

 

 

 

   
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2011. O Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña oficializou hoxe o nomeamento do Valedor do Pobo, Benigno López González, como membro de honra da institución, nun acto celebrado este mércores 22 de xuño ás 20.00 horas no Salón Nobre do Pazo de Fonseca onde se lle impuxo a medalla correspondente ante a presenza de autoridades académicas, xudiciais, municipais e membros colexiados da entidade, entre outros.

O acto permitiu ao Valedor facer público o seu agradecemento ao Colexio, despois de que a súa xunta directiva, reunida en sesión plenaria o pasado 6 de abril, decidise ratificar por unanimidade o nomeamento como membro de honra ao defensor galego, recoñecendo deste xeito "o apoio institucional e persoal" dispensado.

O titular da institución aproveitou a ocasión para felicitar aos alumnos alí presentes e que este ano realizaron o Curso de Especialización en Implantología impartido pola Facultade de Odontoloxía da Universidade de Santiago logo de recoller os seus diplomas.

Coa distinción, Benigno López pasa engrosar a lista de personalidades que, polos seus méritos, foron designadas nos últimos anos como membros de honra e entre as que se atopan, entre outras, Senén Barro Ameneiro, ex reitor da Universidade de Santiago; ou o doutor José Carro Otero como presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, distinguido o ano pasado.