Actualidade
O Valedor do Pobo asiste en Cartaxena ás XXVI Xornadas de Coordinación de defensores del pueblo que este ano versan sobre os dereitos das persoas maiores
6 de Xuño do 2011
Benigno López González toma parte, xunto á Defensora del Pueblo (e.f) e os seus homónimos de 12 autonomías nas tres sesións de traballo previstas.
Cartaxena, 6 de xuño de 2011. O Valedor do Pobo, Benigno López González, participa xunto aos outros 12 defensores autonómicos españois e á Defensora del Pueblo (e.f.) nas XXVI Xornadas de Coordinación de Defensores que dende hoxe e ata o próximo día 8 de xuño se celébran en Cartaxena. O título da reunión anual das institucións que teñen encomendada a defensa dos dereitos dos cidadáns e velan polas correctas relacións destes coas súas administracións é este ano Os dereitos das persoas maiores.
En tres sesións de traballo previstas, os participantes poderán coñecer as conclusións de tres talleres previos convocados nas últimas semanas polas defensorías de Valencia, Canarias e Castela-A Mancha, nos que, entre outros asuntos, tratáronse cuestións como as relativas aos dereitos socio-sanitarios dos maiores, os dereitos socio-económicos e as diferentes situacións de dependencia que afectan a este grupo de poboación. Todos eles contaron coas achegas do defensor galego.
As xornadas, que se retransmiten en directo pola páxina web do Defensor de Murcia (www.defensor-rm.es) teñen como sede a Facultade de Ciencias da Empresa (antigo Cuartel de Mariñeiría) de Cartaxena. Na súa inauguración, aparte dos representantes das defensorías, estiveron presentes tanto o presidente da Comunidade Autónoma de Murcia, Luís Valcárcel Siso; o Presidente da Asemblea Rexional, Francisco Celdrán Vidal e a Defensora do Pobo (e.f.) María Luisa Cava de Llano.
Programa
As sesións de traballo arrincarron o día de hoxe cunha conferencia marco pronunciada por María Teresa Bazo Royo, Catedrática de Sociología da Universidade do País Vasco co título Dereitos das persoas maiores: dereitos humanos. Durante esta primeira xornada de traballo, os participantes tamén puideron debater, así mesmo, sobre as conclusións do primeiro taller preparatorio baseado na análise dos dereitos socio-económicos dos nosos maiores. A última hora do día, as defensorías participarán nunha recepción oficial que a alcaldesa de Cartaxena ofrecerá tanto aos titulares como aos adxuntos destas institucións.
Durante a segunda xornada do martes 7 de xuño, os representantes das diferentes defensorías tomarán a palabra para expor aos seus colegas as conclusións dos talleres acerca dos Dreitos socio-sanitarios e outros dereitos das persoas maiores e, en segundo lugar, sobre As persoas maiores en situación de dependencia.
O último día (mércores, 8 de xuño), os titulares das defensorías manterán a súa asemblea anual para tratar de coordinar actuacións e consensuar protocolos en relación con diferentes asuntos de actualidade nun encontro que, cada ano, permítelles sentar as bases de actuacións futuras e marca as pautas de de a axenda anual das institucións.


