Ferramentas

Menú Principal

Importante

Axenda

Área Privada

Actualidade

  • Inicio>
  • Actualidade>
  • Novas>
  • Benigno López pide á Consellería de Educación que informe sobre as deficiencias do centro eumés Couceiro Freijomil

Benigno López pide á Consellería de Educación que informe sobre as deficiencias do centro eumés Couceiro Freijomil

19 de Novembro do 2010

Voltar

Cartel na entrada da institución

O Valedor do Pobo decidiu abrir unha queixa de oficio para investigar as “inaceptables” deficiencias construtivas nun centro que ten menos dun ano.   

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2010. O Valedor do Pobo, Benigno López González, abriu unha investigación de oficio para coñecer o estado no que se atopa o C.E.I.P. Couceiro Freijomil de Pontedeume, depois de que caeran nas últimas horas parte das pranchas do teito do ximnasio do mesmo. Nun escrito remitido con data de hoxe pide á Consellería de Educación que informe sobre as medidas que ten previsto adoptar cara a solucionar de xeito urxente “as inaceptables deficiencias construtivas nun centro que ten menos dun ano”.

O defensor galego faise eco no seu expediente do último incidente rexistrado no recinto, ao ter caído varias pranchas do teito, mentres que o resto foron retiradas a instancia dun técnico municipal, polo severo risco que supuñan. Pero tamén a outras circunstancias que están a afectar á normalidade do colexio, tales como problemas de tensión eléctrica que, segundo puido saber, teñen causado avarías en varios equipos, inundacións na biblioteca, nos corredores e no centro de formación, entre outros problemas.

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Couceiro Freijomil decidiron nas últimas horas recomendar que os estudantes de infantil deixen de acoder ás aulas ante as pésimas condicións das dependencias. O Valedor pide por tanto á Xunta de Galicia que lle dea a coñecer que plan de emerxencia ten previsto activar para que “de xeito inmediato” se garanta o dereito á educación dos alumnos e a súa seguridade e “poidan recibir as súas clases nunhas condicións dignas e con absoluta normalidade”.

Coa apertura da queixa de oficio, o Valedor do Pobo persegue supervisa-la actividade da administración competente nesta materia co obxecto de “garanti-lo respecto ao dereito á seguridade e á saúde no traballo” con sometemento á lei, ao dereito e ao principio de eficacia que debe rexer a actuación das administracións públicas.