Ferramentas

Menú Principal

Importante

Axenda

Área Privada

Actualidade

  • Inicio>
  • Actualidade>
  • Novas>
  • O Xefe da Forza Loxística Operativa, Juan Enrique Aparicio, visita o Valedor do Pobo

O Xefe da Forza Loxística Operativa, Juan Enrique Aparicio, visita o Valedor do Pobo

12 de Xaneiro do 2010

Voltar

O Capitán Xeral xunto co Valedor

É a primeira ocasión en que o alto mando militar Juan Aparicio Hernández-Lastras visita o alto comisionado parlamentario galego, Benigno López González.

Santiago de Compostela. O Valedor do Pobo, Benigno López González, recibiu esta mañá a visita institucional do Xefe da Forza Loxística Operativa, Juan Enrique Aparicio Hernández-Lastras. É a primeira ocasión en que o Valedor se entrevista na súa sede co alto cargo militar que tomou posesión o pasado 17 de decembro no Pazo de Capitanía da Coruña.

A recepción enmárcase no conxunto de visitas previstas polo Xefe da Forza Loxística a diferentes institucións autonómicas.

O Valedor do Pobo, por outra parte, recibiu tamén durante esta xornada o Delegado de Defensa na comunidade, José Abad Vila, que se desprazou dende a súa sede no Cuartel de Santo Domingo en A Coruña, ata as dependencias do defensor en Santiago.