Ferramentas

Menú Principal

Importante

Axenda

Área Privada

Actualidade

A institución incorpórase á Plataforma de Contratación Pública de Galicia

8 de Xaneiro do 2010

Voltar

Sede do Valedor

O Valedor do Pobo publicará todos os procedementos de contratación da institución a través da plataforma pública da Xunta.

Desde o pasado mes de decembro, os procedementos de contratación que inicie a institución do Valedor do Pobo son difundidos a través da Plataforma de Contratación Pública da Xunta de Galicia, como unha medida máis de transparencia. No momento de iniciar o procedemento, os interesados terán constancia do mesmo por medio da sección de contratación da páxina web www.valedordopobo.com, así como a través de www.contratosdegalicia.com, onde se publicitan todos os actos de contratación da administración galega.

A inclusión do Valedor do Pobo no sistema supón un avance máis no camiño da transparencia comprometido polo titular da institución, Benigno López González,  no seu Plan Estratéxico vixente ata o ano 2012. Este sistema permite acceder desde un menú principal aos
procedementos de contratación en cada unha das súas etapas. As fichas de cada un deles permiten obter a información completa, desde a fase na que se atopan, ata a tipoloxía do contrato, importe, datas de publicación nos boletíns oficiais, etc.

O Valedor do Pobo xa consta entre as ducias de órganos contratantes incluídos na base de publicacións da plataforma, que ademais se administra mediante un sistema de certificación electrónica desde a propia institución, co que se garante a confidencialidade da información e bríndase a posibilidade de realizar calqueira tipo de modificación nos procedementos en tempo real, para que teñan coñecemento das mesmas todos os usuarios da plataforma así como as personas pu entidadesinteresados en presentar ofertas ou en seguir o seu corso.