Ferramentas

Menú Principal

Importante

Axenda

Área Privada

Actualidade

  • Inicio>
  • Actualidade>
  • Novas>
  • O Valedor participou no Coloquio Internacional "Mediatisation: a comunicación ao servizo da mediación"

O Valedor participou no Coloquio Internacional "Mediatisation: a comunicación ao servizo da mediación"

24 de Novembro do 2009

Voltar

O Valedor retratado xunto a Frederic Bovesse, defensor da rexión valona.

O encontro internacional dirixido a defensores de diferentes nacionalidades celébrouse os días 22 e 23 de novembro en Bélxica.

 

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2009. Unha comitiva da institución do Valedor do Pobo, presidida polo seu titular, Benigno López González, desprazouse os pasados días 22 e 23 de novembro á localidade belga de Namur para participar no Coloquio Internacional "Mediatisation: a comunicación ao servizo da mediación" no que tomaron parte defensores de decenas de nacionalidades, principalmente de países francófonos e europeos.

Durante dúas xornadas de traballo, os asistentes puideron participar nos cinco talleres convocados sobre temas tan diversos como: Mediación e Administración comunican xuntas?, Os medios de comunicacion medios de sensibilización do político?, A mediación non é demasiado atractiva para os media?, Cando a prensa xoga ao Defensor do Pobo e, para rematar, A evolución das técnicas e medios de comunicación. Todos eles contaron con relatorios de diferentes expertos na materia, tanto representantes de diferentes medios de comunicación como das defensorías.

O coloquio coincidiu coa conmemoración, o próximo 22 de decembro, dos 15 anos da aprobación do Decreto que regula a institución do Mediateur da Rexión Valona, o primeiro órgano de mediación creado en Bélxica, motivo polo cal os asistentes puideron participar nunha cea de gala para recordar esa data.