Actualidade
O Valedor do Pobo asiste en Dublín á Conferencia Anual dos defensores de menores europeos
2 de Setembro do 2008
O encontro céntrase na busca de melloras na implementación da Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno.
O Valedor do Pobo, Benigno López, asiste desde o 3 de setembro na localidade irlandesa de Dublín á duodécima edición da Conferencias da Rede Europea de Defensores do Neno (European Network for Ombudsmens for Children, ENOC). O encontro persegue o intercambio de experiencias entre os asistentes así como a busca de ferramentas, estratexias e mecanismos de cara a mellorar a implementación da Convención dos Dereitos do Neno de Nacións Unidas.
A Conferencia de Dublín estrutúrase en catro sesións principais encamiñadas a dar a coñecer iniciativas internacionais sobre a materia, outras de carácter europeo, dos diferentes estados así como sobre o uso de mecanismos para mellorar a defensa internacional dos dereitos do colectivo.
A comitiva galega asistirá durante a Conferencia, que se celebra ata o cinco de setembro, a diferentes talleres monográficos entre os que salientan un dedicado ao "Dereito á vida, a supervivivencia e o desenvolvemento" ou outro sobre os intereses dos menores.


