Ferramentas

Menú Principal

Importante

Axenda

Área Privada

Actualidade

Unha guía para que os menores naveguen de xeito seguro

23 de Xuño do 2008

Voltar

Portada do documento

A Agencia Española de Protección de Datos publica unha guía dirixida aos nenos e os pais para que naveguen pola rede con toda seguridade.


Santiago de Compostela. O Valedor do Pobo difunde a través da súa páxina web a nova guía da Agencia Española de Protección de Datos para favorecer a navegación segura dos nenos y facer unha serie de recomendacións ás familias.

O documento, dispoñible só en castelán na súa versión dixital neste vínculo, distribúese por medio da páxina web da axencia. O Valedor quixo favorecer a súa difusión debido ao seu interese e por repercutir nun colectivo, o dos menores, ao que adica un sinfín de actuacións cada ano, dada a súa vulnerabilidade.  

Nas páxinas do manual explícase aos nenos, cun aspecto visual, os seus dereitos á hora de adentrarse no mundo virtual, e aos pais os seus deberes para preservar de perigos e malos comportamentos aos seus fillos.