Actualidade
Novas
Mensaxe do Valedor no Día das Letras Galegas
17 de Maio do 2013
A institución súmase á festa dos galegos e galegas.
O Valedor encargou unha peritaxe á Universidade de Santiago na fase final da súa investigación acerca da incidencia ambiental da explotación mineira de Corcoesto
17 de Maio do 2013
O alto comisionado parlamentario tramitou 16 queixas en relación á explotación mineira. Nas máis recentes os cidadáns amosan a súa preocupación sobre a contaminación do río Anllóns. O Valedor do Pobo decidiu encargar a investigadores da Universidade de Santiago unha peritaxe propia en relación a este aspecto ambiental.
O Valedor do Pobo súmase aos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas
16 de Maio do 2013
Coa súa presenza institucional nos principais actos celebrados na comunidade, José Julio Fernández rende homenaxe ao autor Roberto Vidal Bolaño e a todos os cidadáns galegos este 17 de maio.
O Valedor fixa liñas de coordinación cos tres defensores universitarios galegos
15 de Maio do 2013
O Valedor do Pobo estreita lazos cos seus homólogos do ámbito universitario e formalizará mecanismos de colaboración por medio dun convenio. Esta mañá recibiu aos tres representantes das universidades da Coruña, Santiago e Vigo.
Reunión con representantes da Fundación Bancos de Alimentos en Galicia
15 de Maio do 2013
O Valedor do Pobo coñeceu de primeira man o traballo dos bancos de alimentos na comunidade nun encontro celebrado na defensoría.
Rosa Verdugo de Esculca trata co Valedor as vulnerabilidades das persoas inmigrantes en Galicia
2 de Maio do 2013
O defensor galego ofrécese a abrir iniciativas para investigar problemas que afectan aos estranxeiros na comunidade, denunciados pola organización.
O Valedor entregou o seu Informe Ordinario 2012 ao Parlamento de Galicia
26 de Abril do 2013
O Valedor desenvolveu en 2012 un total de 6786 actuacións de atención ao cidadán que inclúen expedientes, visitas e consultas telefónicas. A queixa gaña peso no conxunto ao chegar ás históricas 2782 tramitacións. Os abusos da banca, as preferentes e desafiuzamentos marcaron a axenda do Valedor no 2012 e dispararon as queixas das áreas económica e social. Ás 12.00 horas José Julio Fernández entregará o documento en man á Presidenta da Cámara e, a continuación, presentará o contido do mesmo ante os medios de comunicación.
Reunión con Renato Núñez da Silva, voceiro da organización Dereitos Civís
24 de Abril do 2013
O Valedor do Pobo mantivo un encontro de traballo con Renato Núñez da Silva encamiñado a tratar algúns dos problemas máis importantes denunciados por esa entidade e que gardan relación en especial coa instalación de cámaras de videovixilancia e os dereitos das persoas.
O Valedor comprométese coa Fundación Secretariado Gitano a estudiar de oficio o problema de infravivenda que afecta ao colectivo
24 de Abril do 2013
José Julio Fernández mantivo esta mañá un encontro con representantes da Fundación no que trataron, entre outros asuntos, os problemas que a crise conleva a este colectivo.
O Valedor consolida a súa función como mediador nos casos de desafiuzamento e abre unha liña telefónica para atender as situacións máis urxentes
18 de Abril do 2013
Desde o pasado decembro o Valedor do Pobo xa tramitou medio cento de queixas relacionadas coas execucións hipotecarias. Os afectados poden dirixirse á defensoría no número 981 571 900 aberto pola institución para atender os casos máis graves.
Valedor e Xuventude colaborarán para alertar dos perigos da Rede entre os mozos
16 de Abril do 2013
O Valedor do Pobo e o director xeral de xuventude e voluntariado mantiveron hoxe un encontro de traballo para tratar o desenvolvemento de proxectos conxuntos para alertar aos adolescentes dos perigos das novas tecnoloxías.
O Valedor do Pobo investiga a incidencia ambiental, arqueolóxica e socio-económica da mina de Corcoesto
12 de Abril do 2013
O alto comisionado parlamentario tramita 8 queixas en relación á explotación mineira e dirixiu á Consellería de Economía e Industria unha recomendación para que os estudos de impacto ambiental se adapten á legalidade. Os cidadáns amosan a súa preocupación sobre a contaminación por arsénico do río Anllóns e pola incidencia nas súas actividades económicas.
O Valedor do Pobo e Política Lingüística colaborarán no desenvolvemento de campañas de dinamización lingüística para difundir os dereitos dos cidadáns
10 de Abril do 2013
O Valedor do Pobo en funcións, José Julio Fernández, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asinaron hoxe un acordo de colaboración. En virtude do mesmo promoverán neste 2013 accións para difundir os dereitos lingüísticos dos galegos.
Resolución do Valedor do Pobo en relación á comercialización de produtos financeiros tóxicos
8 de Abril do 2013
O Valedor do Pobo leva máis dun ano traballando para facer prevalecer os dereitos dos afectados pola adquisición de participacións preferentes e obrigacións subordinadas. O alto comisionado parlamentario realiza propostas tales como que se devolva a totalidade do diñeiro depositado ás persoas mal informadas, a difusión dos criterios de arbitraxe ou que a Fiscalía explore a vía penal.
Conclúe con éxito o Seminario "Adolescentes e novas tecnoloxías, unha responsabilidade compartida" organizado polo Valedor
7 de Abril do 2013
O Seminario gratuito organizado polo Valedor en colaboración coa USC e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reuniu na sede da EGAP a máis de duascentas persoas.
O Valedor do Pobo prepara un convenio de colaboración en materia formativa coa EGAP
26 de Marzo do 2013
O Valedor do Pobo, José Julio Fernández, reuniuse hoxe coa directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos na sede da defensoría.
O Valedor recibe á concelleira compostelana de Benestar Social e Educación, María Castelao
25 de Marzo do 2013
José Julio Fernández renovou os seus intereses coa representante municipal en relación á loita contra o consumo de alcohol por menores e a exclusión social.
O Valedor do Pobo analiza nunhas xornadas as "Alternativas de futuro innovadoras en saúde mental"
22 de Marzo do 2013
Un representante da institución participou en Santiago na sesión de traballo organizada por FEAFES (Federación de asociacións de familiares e persoas con enfermidade mental).
A institución participa nun taller de defensorías acerca dos dereitos das persoas con discapacidade
19 de Marzo do 2013
Unha representación do Valedor asiste ao primeiro taller dos tres preparatorios das XXVIII Xornadas de Coordinación de defensores do pobo. Nesta ocasión sométese a repaso a adaptación do ordenamiento xurídico español á Convención sobre dereitos das persoas con discapacidade.
O Tribunal de Xustiza da UE coincide coa proposta realizada polo Valedor en decembro para que se modificase a normativa das execucións hipotecarias para evitar cláusulas abusivas
15 de Marzo do 2013
O Alto Comisionado Galego reclamaba tamén que os xuíces puidesen exercer un control de oficio sobre as cláusulas e sobre os excesos dos intereses moratorios.
O Valedor súmase á conmemoración do Día Internacional da Muller
8 de Marzo do 2013
Nesta xornada o alto comisionado parlamentario comprométese a reforzar a vixilancia para conquistar unha igualdade efectiva.
O Valedor do Pobo investiga o colapso das urxencias do Chuvi tralo falecemento dunha muller mentres esperaba ser atendida
7 de Marzo do 2013
O alto comisionado parlamentario diríxese á conselleira de Sanidade para que aporte información acerca do funcionamento das urxencias no Chuvi e medidas para evitar o presunto colapso do servizo.
Fernando Vázquez-Portomeñe entrega ao Valedor un estudio acerca do delito de obstaculización ás investigacións da defensoría
7 de Marzo do 2013
O director do Instituto de Criminoloxía da Universidade de Santiago mantivo un encontro co Valedor, José Julio Fernández.
O Valedor do Pobo e o Consello Galego da Competencia colaborarán para promover unha competencia efectiva dos mercados en beneficio dos consumidores
6 de Marzo do 2013
Ambas as dúas entidades fomentarán o desenvolvemento de actuacións conxuntas conscientes de que o funcionamento competitivo dos mercados mellora a asignación de recursos e fortalece a eficiencia económica.
O Valedor interésase polo programa de familias acolledoras de Cruz Vermella
22 de Febreiro do 2013
O Valedor do Pobo e membros do seu gabinete reuníronse coa responsable do programa en Galicia. Todos coincidiron na necesidade de normalizar o acollemento de menores así como a transición á adopción nos casos en que se produza.
Execucións hipotecarias: o Valedor reúnese co presidente do Consello da Avogacía Galega
21 de Febreiro do 2013
O presidente do Consello da Avogacía Galega, Antonio Platas Tasende, comprométese co Valedor a prestar axuda aos afectados polos desaloxos.
O defensor somete a repaso os principais problemas medioambientais de Galicia nunha reunión con ADEGA
19 de Febreiro do 2013
A asociación ecologista trasládalle a súa inquedanza acerca da grave repercusión ambiental das centrais hidroeléctricas.
O Valedor coñece a atención que dispensan os colexios de avogados ás persoas afectadas por execucións hipotecarias
13 de Febreiro do 2013
O titular da defensoría reuniuse esta mañá coa decana do Colexio de Avogados de Ferrol.
O Valedor do Pobo consegue que o anteproxecto da nova Lei de Caza de Galicia evite rebaixar a 14 anos a obtención da licenza para a práctica deste deporte
7 de Febreiro do 2013
Desafiuzamentos e preferentes, principais preocupacións nas queixas de xaneiro
31 de Xaneiro do 2013
O Valedor rexistrou durante este mes de xaneiro un total de 193 queixas novas. O 20% destes expedientes recaeron en asuntos relacionados con vivenda e administración económica, áreas que xestionan as reclamacións relacionadas coa venda de preferentes e as execucións hipotecarias.
O Valedor recomenda aos concellos que eximan de aboar a plusvalía municipal ás familias desafiuzadas
11 de Xaneiro do 2013
Persoas afectadas por execucións hipotecarias dirixíronse ao Valedor tras chegarlles recibos do imposto municipal de plusvalía sobre a venda dos immobles dos que foron privados. O Valedor do Pobo enviou hoxe un escrito ao presidente da Fegamp para que traslade aos municipios a súa recomendación de evitar que o cobramento se realice neses casos.
Datos provisionais: elévanse a 2.782 as queixas tramitadas polo Valedor en 2012, o 95% dos 2.929 expedientes totais
9 de Xaneiro do 2013
Na anualidade duplicáronse as iniciativas de oficio promovidas polo defensor galego.
Novo boletín informativo do Valedor do Pobo
8 de Xaneiro do 2013
Xa se atopa a dispor dos interesados o novo boletín informativo electrónico editado pola defensoría.
Investigación de oficio sobre a celebración dunha macrofesta de fin de ano en Vilagarcía
28 de Decembro do 2012
O Valedor abriu con data de hoxe unha queixa de oficio para investigar a posible celebración dunha festa de fin de ano en Vilagarcía tras coñecer que podería superarse o aforo permitido e afectar á seguridade dos asistentes.O Concello informou hoxe mesmo ao defensor que xa instou aos propietarios do recinto a impedila.
O Valedor intensificará en 2013 as súas actuacións para afrontar o problema dos desafiuzamentos de vivenda habitual
28 de Decembro do 2012
En xaneiro manterá un novo encontro de traballo coas plataformas que representan aos cidadáns afectados. Ademais intensificará as súas comunicacións cos responsables das entidades bancarias.
Primeiro encontro de traballo con profesionais sanitarios acerca dos servizos de urxencias e emerxencias en Galicia
20 de Decembro do 2012
O Valedor mantivo un encontro de traballo con representantes da Sociedad Española de Medicina de Urgencias y Emergencias que le transmitiron, entre outras propostas, a necesidade de especializar esta atención desde a formación previa á inserción laboral.
O Valedor reúnese de novo coas plataformas anti-desafiuzamentos e reforza o seu compromiso para cos afectados
20 de Decembro do 2012
Representantes de Stop Desafiuzamentos das comarcas de Compostela, Barbanza e Ferrol fixeron fincapé na necesidade de que os afectados poidan contar con asesoramento a diferentes niveis da administración.
O Valedor presenta un sistema para a detección precoz do uso problemático de Internet por adolescentes
19 de Decembro do 2012
Trátase dun instrumento moi sinxelo que permitirá afondar nos usos non adaptativos dos adolescentes que se conectan á Rede. Con respostar unha enquisa sobre 11 ítems obteranse datos fiables sobre riscos, posibles adiccións subxacentes, e perfís do tipo de relación que cada adolescente mantén coas novas tecnoloxías e as implicacións psicolóxicas da mesma.
Medidas propostas polos defensores para a protección eficaz do Dereito Constitucional á vivenda en tempos de crise
17 de Decembro do 2012
O Valedor do Pobo, os seus homólogos do resto das comunidades e un representante do Defensor do Pobo participaron nunhas xornadas sobre o problema dos desafiuzamentos e consensuaron unha proposta dirixida aos poderes públicos.
O Valedor do Pobo participará na elaboración dun informe sobre urxencias hospitalarias en coordinación co Defensor del Pueblo e os comisionados autonómicos
7 de Decembro do 2012
Analizar o estado e o funcionamento dos servizos de urxencias nos hospitais de todo o territorio será o obxecto da investigación.
Propostas do Valedor do Pobo para tratar o grave problema dos desafiuzamentos da vivenda habitual
4 de Decembro do 2012
O Valedor do Pobo difunde as propostas iniciais da súa actuación de oficio sobre a grave situación das familias ante as execucións hipotecarias e a perda de vivenda habitual.
Primeira visita á institución do presidente da Fegamp
22 de Novembro do 2012
O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias e alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela reuniuse onte co Valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez.
O Valedor do Pobo visita o centro de educación especial Duques de Lugo no Día Internacional da Infancia
20 de Novembro do 2012
José Julio Fernández Rodríguez desprazouse esta mañá ao centro de educación especial Duques de Lugo de Santiago para coñecer en profundidade o seu proxecto de escolarización de nenos con trastorno do espectro autista.
O Valedor do Pobo comprométese a emprender actuacións en prol das vítimas de desafiuzamento
16 de Novembro do 2012
José Julio Fernández Rodríguez mantivo hoxe o primeiro dunha serie de encontros con representantes galegos da plataforma Stop Desahucios.
Novo boletín informativo do Valedor
8 de Novembro do 2012
Xa se atopa a disposición de todos os interesados o novo boletín informativo electrónico editado pola defensoría.
Xuntanza de traballo con representantes de Aspanaes
6 de Novembro do 2012
O Valedor do Pobo recibiu na súa sede a dous representantes de Aspanaes, Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista cos que participou nun encontro de traballo.
O sistema impulsado polo Valedor do Pobo para detectar o uso patolóxico de Internet entre os menores entra na súa fase final de elaboración
31 de Outubro do 2012
Un grupo de expertos multidisciplinar reuniuse xa para realizar as súas aportacións ao instrumento que, unha vez activado, permitirá a detección precoz da “ciberdependencia” entre os escolares gallegos.
O Valedor activa un plan de optimización enerxética que lle permitirá aforrar un 35% nas súas facturas
29 de Outubro do 2012
A institución mellorará o uso do sistema de climatización, adaptará o contrato de subministro eléctrico e substituirá lámpadas por modelos eficientes, o que lle permitirá reducir nun 15% o consumo enerxético.
FEAFES Galicia pide ao Valedor axuda para que os enfermos mentais sexan "visibles" ante a administración
25 de Outubro do 2012
O Valedor do Pobo en funcións convocou aos representantes da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES) a un encontro celebrado na sede da institución.
O Valedor obtén de Sanidade o compromiso de que os sen papeis e as vítimas de trata recibirán asistencia sanitaria
23 de Outubro do 2012
O defensor tramitou unha queixa da Rede Galega contra a Trata en defensa da atención da saúde a estranxeiros en situación irregular que exercen a prostitución ou son vítimas de redes de explotación sexual.
Aceptada a recomendación do Valedor para estremar a vixilancia sobre o uso de armas por parte de menores na práctica de artes marciais nos ximnasios
16 de Outubro do 2012
Tanto a Secretaría Xeral para o Deporte como as catro federacións deportivas afectadas aceptan inspeccionar, denunciar ou sancionar as posibles irregularidades que detecten polo interese último dos nenos.
Encontros con entidades do terceiro sector: o Valedor do Pobo reúnese con representantes de Cáritas
10 de Outubro do 2012
José Julio Fernández Rodríguez mantén un encontro de traballo con representantes de Cáritas en Galicia e afirma que a austeridade e os axustes deben repercutir en último lugar nos máis necesitados.
O Valedor reactiva a súa investigación sobre a celebración de botellóns no patio do colexio coruñés de Visma
5 de Outubro do 2012
A institución estatutaria recomendou en marzo de 2011 ao concello de A Coruña que evitase o uso inadecuado das instalacións escolares onde se celebraban botellóns. O feito de que un alumno resultase ferido polos cortes de cristais tirados trála concentración alcólica de mozos no recinto leva a abrir unha nova queixa de oficio.
O rexistro do Valedor deu saída no mes de setembro a 970 documentos, a cifra máis alta do ano
1 de Outubro do 2012
A actividade do Valedor do Pobo incrementouse notablemente durante o mes pasado no que se emitiron un total de 970 escritos, cando a media anual ascende a 624.
O Valedor logra que os concellos activen mecanismos para frear o consumo de alcol por parte de menores
12 de Setembro do 2012
A institución estatutaria obteu a aceptación dos principais concellos galegos á súa recomendación de activar medidas cara a impedir, por medio de accións formativas e sancionadoras, que menores participen nos botellóns e fagan inxesta de alcol.
Novo boletín informativo do Valedor do Pobo
10 de Setembro do 2012
A disposición de todos os interesados o novo boletín informativo electrónico editado pola defensoría.
O Valedor asina un convenio para garantir que os cidadáns presenten as súas queixas en todos os rexistros galegos
31 de Agosto do 2012
A institución estatutaria asinou hoxe un convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza cara a racionalizar e simplificar a entrega de escritos, solicitudes e comunicacións por parte dos reclamantes.
O Valedor do Pobo amosa súa preocupación ante o cobramento do imposto municipal de plusvalía a persoas que perderon a vivenda
27 de Agosto do 2012
A institución coñece casos de familias que entregaron as súas vivendas aos bancos e que deben aboar o correspondente imposto municipal en concepto de compra-venda.
O Valedor desenvolve coa Universidade de Santiago unha ferramenta para a detección precoz do uso perigoso de Internet entre os adolescentes
17 de Agosto do 2012
O instrumento, de caráter pioneiro, permitirá detectar potenciais situacións de ciberdependencia.
O Valedor tramitou durante o mes de xullo un total de 158 expedientes
3 de Agosto do 2012
A institución tratou preto de dúas mil reclamacións no primeiro semestre do ano.
O Valedor constata a correcta implementación de mecanismos de seguridade nos ordenadores de Abalar
30 de Xullo do 2012
As presuntas disfuncións detectadas corresponden a situacións que afectan a unha materia ou aula, non ao sistema en xeral. O Valedor insta nunha suxestión á administración educativa a manter e, se é o caso, intensificar os controis de seguridade para protexer aos menores.
O cartel "Os dereitos da infancia" xa está dispoñible en formato dixital
27 de Xullo do 2012
O Valedor do Pobo completa deste xeito a difusión da campaña "Os dereitos da infancia" pondo a dispor de todos os interesados o seu material en formato dixital.
- Descargue o cartel aquí
O Valedor visita a sede do proxecto Vagalume de atención á muller prostituta
18 de Xullo do 2012
José Julio Fernández Rodríguez visitou as dependencias do programa de Cáritas Santiago que atende a mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e entrevistouse cos seus responsables.
Recomendación do Valedor para que se estreme a vixilancia do uso de armas por menores na práctica de artes marciais
17 de Xullo do 2012
O defensor galego constatou situacións problemáticas no marco da investigación de oficio aberta. Agora insta á Secretaría Xeral para o Deporte e ás federacións deportivas afectadas a inspeccionar, denunciar ou sancionar as actividades ilícitas polo interese último dos rapaces.
Novo boletín informativo do Valedor do Pobo
6 de Xullo do 2012
Xa se atopa a disposición dos interesados o e.newsletter que cada mes edita o Valedor do Pobo co máis destacado da súa actividade institucional.
O Valedor do Pobo tramitou durante o mes de xuño 833 novas queixas e emitiu 931 documentos
4 de Xullo do 2012
A entrada de expedientes disparouse durante o mes pasado pola chegada dun numeroso grupo de escritos sobre a ordenanza que tramita o Concello de Santiago para regular as actividades na vía pública.
Concellos, bibliotecas e centros de saúde exhibirán carteis do Valedor sobre os dereitos dos menores
3 de Xullo do 2012
Na súa misión de facer pedagoxía dos dereitos, o alto comisionado parlamentario remitiu carteis informativos a lugares frecuentados polos menores e as súas familias.
O Valedor do Pobo visita a sede de Down Galicia
27 de Xuño do 2012
José Julio Fernández Rodríguez desprazouse esta mañá á sede da organización Down Galicia para coñecer de primeira man os seus proxectos e as necesidades deste colectivo.
O Valedor investiga de oficio o presunto adestramento de menores no uso de armas prohibidas na práctica de artes marciais
21 de Xuño do 2012
A institución diríxese con data de hoxe á Secretaría Xeral para o deporte e ás federacións de artes marciais co obxecto de que informen acerca desta problemática e sobre os mecanismos activados para protexer aos rapaces.
Participacións preferentes: Proseguen as xestións do Valedor ante a Comisión Nacional do Mercado de Valores, o Instituto Galego de Consumo e a Fiscalía Superior de Galicia
15 de Xuño do 2012
O Valedor do Pobo tramita un cento de reclamacións de persoas que subscribiron participacións preferentes nas antiguas Caixa Galicia e Caixanova
Visita institucional do novo xeral xefe da Garda Civil
15 de Xuño do 2012
Tras a súa recente toma de posesión, o novo xeral xefe da Garda Civil en Galicia, José María Feliz Cadenas, acudiu a saudar ao Valedor do Pobo en funcións, José Julio Fernández Rodríguez.
O Informe Extraordinario "Adolescentes e Internet en Galicia" suma máis de 2.000 descargas
12 de Xuño do 2012
O documento, que permanece a disposición dos interesados na web do Valedor desde o mes de outubro pasado, suma un total de 2015 descargas.
- Descargue informe aquí
Novo boletín informativo do Valedor do Pobo correspondente a xuño
6 de Xuño do 2012
Xa se atopa ao seu dispor o e.newsletter que cada mes edita o Valedor do Pobo co máis destacado da súa actividade institucional.
O Valedor en funcións tramitou 41 novas queixas e emitiu 250 documentos
1 de Xuño do 2012
Desde que José Julio Fernández Rodríguez ocupase o posto de Valedor do Pobo con carácter interino, hai unha semana, a institución desenvolve a súa actividade con total normalidade.
O Valedor quere coñecer os mecanismos de control no uso que os menores fan dos ordenadores nas aulas de Abalar
31 de Maio do 2012
A institución recibiu denuncias de pais de alumnos nas que lle comunican problemas no control á hora de utilizar os equipos informáticos nas aulas.
Os servizos sociais non apreciaron indicios de maltrato durante a residencia en Galicia da parella investigada en Barcelona pola morte do seu bebé
30 de Maio do 2012
O Valedor do Pobo remitiu ao seu homónimo catalán a información recabada sobre unha parella que residira dez meses na cidade de A Coruña e que, desprazada a Barcelona, está a ser investigada pola morte dun bebé como resultado dun presunto maltrato no ámbito doméstico.
O Vicevaledor 1º asume as funcións de Valedor do Pobo interino
25 de Maio do 2012
A institución garante que a situación de interinidade non afectará o máis mínimo ao seu labor e comprométese a redobrar esforzos para servir á cidadanía, a única que dá sentido ao comisionado galego de garantía dos dereitos.
Actividade normal na institución trála publicación no DOG do cesamento de Benigno López como Valedor
18 de Maio do 2012
A institución desenvolve a súa actividade con normalidade. O Vicevaledor primeiro encárgase de asinar a documentación de trámite.
Benigno López González presenta a súa renuncia como titular do Valedor do Pobo
15 de Maio do 2012
Ás 18.00 horas, Benigno López González presentou a súa renuncia ante o rexistro do Parlamento de Galicia.
Visita de estudiantes á sede do Valedor
8 de Maio do 2012
O Valedor expón ante a Comisión de Peticións do Parlamento de Galicia o contido do Informe 2011
3 de Maio do 2012
Benigno López González trasladou ao órgano parlamentario as impresións que lle achegaron os cidadáns afectados polo actual contexto de crise. Lembrou que na anualidade tramitou o maior número de expedientes da historia da defensoría, moitos deles baseados nunha afectación de dereitos sociais. Pide reforzar as políticas sociais e acabar cos abusos da banca.
O Informe Ordinario 2011 continúa a súa tramitación parlamentaria coa intervención do Valedor ante a Comisión de Peticións
30 de Abril do 2012
A memoria anual do Valedor do Pobo prosegue este 3 de maio a súa tramitación parlamentaria. Benigno López González comparecerá ante a Comisión de Peticións do Parlamento de Galicia para resumir o seu contido e responder ás preguntas que expoñan os portavoces dos grupos representados na Cámara.
O Valedor asiste na Coruña á homenaxe aos tres policías falecidos no Orzán
20 de Abril do 2012
Benigno López González participará no acto in memorian para homenaxear aos tres axentes da Policía Nacional falecidos o pasado 27 de xaneiro ao intentar rescatar un mozo eslovaco en augas da praia coruñesa.
O Valedor investigará de oficio a morte dun bebé en Barcelona por presunto maltrato doméstico dunha parella procedente de Galicia
14 de Abril do 2012
A parella foi detida nas últimas horas en Barcelona tras o falecemento do neno de once meses no hospital de Sant Joan de Déu. O defensor galego coordinará a súa actuación co seu homónimo catalán para esclarecer a situación do pequeno e a actuación das administracións ao respecto.
O Valedor emitiu en 2011 a maior cantidade de resolucións da súa historia
12 de Abril do 2012
O grao de aceptación das recomendacións, suxestións e recordatorios de deberes legais foi notable ao situarse no 79% das 225 realizadas.
O Valedor do Pobo inicia unha investigación de oficio sobre as participacións preferentes
29 de Marzo do 2012
Benigno López diríxese ao conselleiro de Economía e Industria para que lle facilite datos para valorar a repercusión do problema e sobre as xestións realizadas ao respecto. Os escritos e chamadas telefónicas dos afectados á defensoría evidencian a gravidade da situación. A institución ofrece aos afectados asistencia e asesoramento para que presenten as súas queixas.
A crise disparou a actividade do Valedor e levouno a tramitar a cifra histórica de 2947 expedientes en 2011
26 de Marzo do 2012
O número de expedientes desenvolvidos polo Valedor do Pobo incrementouse un 9% no 2011 con respecto ao ano anterior. Na anualidade emitíronse 225 resolucións, a maior cantidade dende que botou a andar a defensoría. Servizos Sociais foi a área que recibiu a maior cantidade de queixas.
Benigno López destaca o importante papel da Constitución de 1812 nas actuais democracias co gallo do seu bicentenario
19 de Marzo do 2012
Benigno López rememora a integridade do grupo de deputados que reunidos na cidade de Cádiz tal día como hoxe hai douscentos anos sentaron principios políticos que marcaron as democracias modernas.
Recepción ao novo Xefe Superior de Policía de Galicia
15 de Marzo do 2012
O Valedor do Pobo recibiu este mediodía a visita do novo Xefe Superior de Policía de Galicia, Jaime Iglesias Fernández, dentro da rolda de contactos emprendida por este último dende a súa toma de posesión.
Reunión preparatoria en Sevilla das Xornadas de Coordinación de Defensores sobre saúde mental
15 de Marzo do 2012
Un representante do Valedor do Pobo asiste durante a xornada de hoxe na capital andaluza ao taller: Tratamentos obrigatorios aos enfermos mentais.
Secretarios xerais das defensorías autonómicas reúnense en Vitoria
9 de Marzo do 2012
O encontro forma parte das sesións preparatorias das xornadas de coordinación de defensores que se celebrarán este ano en Zaragoza.
O inicio do procedemento xudicial obriga ao Valedor a interromper as súas investigacións sobre presuntas irregularidades nas oposicións de Vigo
27 de Febreiro do 2012
O Valedor do Pobo diríxese ao concello e aos afectados para confirmar o arquivo das queixas en marcha e darlles conta dos aspectos que quedaron pendentes de aclarar por parte da autoridade local.
O Valedor do Pobo e o novo Delegado do Goberno en Galicia comprométense a colaborar na súa primeira xuntanza
24 de Febreiro do 2012
Benigno López González recibiu hoxe ao delegado do Goberno en Galicia no seu despacho. Ámbolos dous representantes institucionais pasaron revista aos últimos acontecementos da actualidade galega e incidiron en atopar solucións a materias que son obxecto de queixa na defensoría.
Alumnos do IES de Arzúa participan nunha visita guiada ao Valedor
23 de Febreiro do 2012
Un grupo de estudantes do Instituto de Educación Secundaria de Arzúa coñecerán as dependencias da defensoría e poderán intercambiar opinións con persoal da institución.
Arquivada a queixa de oficio do Valedor sobre os problemas de calefacción nun colexio de Ourense
17 de Febreiro do 2012
A Consellería interviu no sistema para optimizar as temperaturas e dotará ao centro, dende o próximo verán, de novos circuítos con radiadores nas aulas para quentar o aire a 21° antes de chegaren os rapaces.
Queixa de oficio sobre a ausencia de calefacción no colexio Amadeo Rodríguez Barroso de Ourense
1 de Febreiro do 2012
O Valedor do Pobo decidiu abrir unha investigación propia alertado polas condicións de baixa temperatura nas que os alumnos están a acudir a clase propiciadas por unha presunta avaría no sistema de calefacción.
O Valedor traslada á Xefatura Superior da Policía Nacional de Galicia o seu "fondo pesar" pola desaparición dos tres axentes
30 de Xaneiro do 2012
Benigno López González remite un escrito ao comisario xefe Luis García Mañá no que destaca a "extraordinaria tarefa" que desempeña o corpo policial.
O ex ministro de Xustiza Francisco Caamaño visita a sede do Valedor do Pobo
28 de Xaneiro do 2012
O ex titular de Xustiza mantivo un encontro co Valedor do Pobo que o acompañou a coñecer as dependencias da institución.
O Valedor investiga de oficio a saturación do servizo de urxencias do hospital universitario de Ourense
25 de Xaneiro do 2012
O titular da institución, Benigno López González, asina con data de hoxe un escrito dirixido á conselleira de Sanidade para que lle confirme se os pacientes agardan ata 72 horas en urxencias existindo camas baldeiras.
O Valedor tramita unha queixa sobre o desbordamento da Lagoa de A Frouxeira en Valdoviño
20 de Xaneiro do 2012
A institución vén de admitir a trámite a queixa presentada por un grupo de afectados con propiedades colindantes coa lagoa e solicita informe á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.


