Actualidade
Novas
O Valedor do Pobo acudirá ás XXV Xornadas de Coordinación de Defensores
3 de Setembro do 2010
O titular da institución galega, Benigno López González, desprazarase os próximos días 27 a 29 de setembro á Rioxa para debater xunto cos seus homónimos autonómicos e representantes do Defensor del Pueblo sobre o impacto da crise económica no exercicio dos dereitos das persoas.
Máis de 500 internautas descargaron o Informe Ordinario 2009
3 de Setembro do 2010
Desde que o documento se fixo público o pasado 15 de marzo, un total de 517 persoas descargárono nas súas versións en galego e castelán.
A institución do Valedor do Pobo felicíta á selección de fútbol
12 de Xullo do 2010
Dirixe unha mensaxe á Selección Nacional de Fútbol na que califica a victoria no Mundial de "un fito histórico que marcará o comezo dunha nova e brilante etapa".
O Valedor dirixe unha recomendación á Universidade da Coruña para que se absteña de autorizar futuros botellóns no campus
24 de Xuño do 2010
O Alto Comisionado Galego remitiu a súa resolución ao reitor coruñés con data de onte, no marco dunha actuación promovida de oficio para aclarar os extremos das concentracións masivas de persoas con consumo de alcol no entorno dos centros universitarios rexistradas no mes de marzo.
A institución conmemora o seu 20 aniversario coa inauguración dunha galería de retratos
10 de Xuño do 2010
Benigno López González descubriu este xoves os retratos dos seus dous predecesores no acto no que se conmemorou o 20 aniversario da institución.
Documentación de interese:
O Valedor do Pobo pide a Sanidade información complementaria sobre as presuntas irregularidades nas oposicións ao Sergas tras recibir dous informes “insuficientes” para aclaralas
29 de Maio do 2010
O Alto Comisionado Galego quere saber con urxencia se as máximas puntuacións das probas as obtiveron persoas do departamento de Recursos Humanos e as presuntas vinculacións familiares de aspirantes cunha funcionaria responsable de xestionar as probas.
O Valedor abre unha investigación de oficio sobre a folga de recollida de lixo que afecta a Santiago de Compostela
20 de Maio do 2010
O Alto Comisionado Galego remitiu con data de onte un escrito ao alcalde de Santiago para que lle informe das medidas a tomar para paliar os problemas de salubridade e seguridade.
O Valedor do Pobo asiste en Madrid á “Xornada de Presentación do Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura”
12 de Maio do 2010
O Valedor do Pobo, Benigno López González, asistiu o pasado luns día 10 de maio, na sede do Senado, a “Xornada de presentación do Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura”, cuxas funcións ten encomendadas o Defensor del Pueblo de España.
O Valedor abre unha investigación “exhaustiva” sobre as presuntas irregularidades rexistradas nas oposicións do Sergas
6 de Maio do 2010
O Alto Comisionado Galego admitiu a trámite a queixa presentada por tres membros do Grupo Parlamentario Socialista e solicita da conselleira de Sanidade que facilite información sobre as eventuais filtracións e pescudas abertas ao respecto.
Novo obradoiro de defensores do pobo en Zaragoza sobre o impacto da crise nestas institucións
4 de Maio do 2010
Ao igual que en anteriores ocasións, o Valedor do Pobo está representado na actividade preparatoria das Xornadas de Coordinación de Defensores que en setembro se celebran en A Rioxa.
O Valedor do Pobo estende á Universidade de Santiago a súa investigación de oficio sobre os botellóns nos campus
20 de Abril do 2010
O Alto Comisionado Parlamentario remitiu con data de hoxe un escrito ao Reitor da Universidade de Santiago para que aclare a celebración dunha macrofesta a madrugada do pasado 16 de abril na Escola de Enxeñaría Técnica no Campus Sur.
O Valedor diríxese ao Delegado do Goberno e ao alcalde de Ribeira para investigar os presuntos actos vandálicos de Palmeira
15 de Abril do 2010
O Alto Comisionado Galego remitiu escritos as dúas administracións ao obxecto de que aclaren os feitos e apunten as medidas correctoras que teñen previstas.
A tramitación parlamentaria do Informe 2009 conclúe coa comparecencia do Valedor no pleno
13 de Abril do 2010
Desde as 10:00 horas, Benigno López González, compareceu no salón de sesións do Parlamento de Galicia para resumir o contido do seu informe ordinario tal e como dispón o artigo 36 da Lei do Valedor.
O Valedor diríxese de oficio aos reitores das universidades da Coruña e Vigo para que aclaren as súas responsabilidades na organización dos “botellóns” celebrados nos seus campus
8 de Abril do 2010
O Alto Comisionado Galego decidiu actuar de oficio ante os presuntos incidentes rexistrados nas concentracións de estudantes nas celebracións do “San Pepe” nas dúas universidades.
O Valedor do Pobo distribúe 6.000 carteis para divulgar entre a poboación escolar galega os dereitos da infancia
6 de Abril do 2010
O Alto Comisionado Galego fixo chegar nas últimas semanas os pósteres a cerca de mil centros que imparten educación Infantil e Primaria na comunidade.
Benigno López González: “Aínda que a crise non entrou na institución en forma de queixa, os cidadáns cargaron as tintas máis contra as políticas sociais despregadas polos poderes públicos”
22 de Marzo do 2010
O Valedor do Pobo compareceu hoxe perante a Comisión de Peticións do Parlamento de Galicia para expoñer os resultados do Informe Ordinario 2009 e afondar nos asuntos que máis calaron entre a sociedade galega á hora de presentar as súas queixas.
Benigno López fixo entrega á Presidenta do Parlamento de Galicia do seu Informe Ordinario 2.009
15 de Marzo do 2010
O Valedor do Pobo entregou ás 13.00 horas a Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, o Informe Ordinario correspondente ao exercicio 2.009. Ás 16.30 horas dará a coñecer o seu contido aos medios de comunicación.
- Descarga: Informe Ordinario 2.009 en .pdf
As queixas relacionadas cos servizos sociais triplicáronse no exercicio 2.009 impulsadas polos problemas coa Lei de Dependencia
15 de Marzo do 2010
-O Valedor tramitou no exercicio 300 queixas relacionadas coa Lei de Dependencia.
-Os expedientes relacionados con Servicios Sociais triplicáronse respecto do ano anterior, e supoñen cerca do 14% das queixas iniciadas polo Valedor do Pobo no 2.009. Aumentaron tamén as reclamacións sobre obras públicas e expropiacións, e emprego público.
-Na anualidade recibíronse un total de 2.634 iniciativas, 76 máis que no ano anterior, a pesares do parón experimentado no primeiro trimestre por mor do período electoral.
-Na súa comparecencia o Valedor cita aos Concellos de Boiro, Tui e Oroso pola súa “contumaz actitude” respecto da institución nos casos derivados dos problemas co ocio nocturno.
- Descarga: Informe Ordinario 2009 en .pdf
O Valedor participa na toma de posesión de Rafael Ribó reelixido Síndic de Greuges de Cataluña
1 de Marzo do 2010
Benigno López González desprazouse a Barcelona o pasado día un para participar nos actos organizados no Parlamento catalán.
O Valedor resolve as 71 queixas que os cidadáns presentaron polos incidentes rexistrados no concerto de Springsteen
11 de Febreiro do 2010
Benigno López González entende que a defensa dos dereitos dos consumidores, principal motivo das queixas dos cidadáns, queda garantida co pago de danos e prexuízos proposto no procedemento arbitral aberto con este motivo.
Aínda que a responsabilidade do Concello de Santiago en materia de seguridade queda sen aclarar, menciona como avance a aprobación dun novo decreto da Xunta que regula o control de acceso a espectáculos públicos.
O Valedor do Pobo amósase “esperanzado” porque o contido do novo decreto de dependencia contempla as súas recomendacións na materia
5 de Febreiro do 2010
Benigno López González recibiu esta mañá na súa sede á conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato Otero, un día despois de que o Consello da Xunta dese o visto bo ao novo decreto de dependencia.
Novo recordatorio de deberes legais ao Concello de Boiro, un ano despois da visita dos representantes do Valedor polos problemas co ocio nocturno
20 de Xaneiro do 2010
Cumpiuse un ano da xuntanza no Concello barbanzán de representantes do Valedor co alcalde e as demoras e a inconcreción do ente local na remisión dos seus informes impide resolver varias queixas vencelladas cos problemas derivados do ocio nocturno na localidade.
O Xefe da Forza Loxística Operativa, Juan Enrique Aparicio, visita o Valedor do Pobo
12 de Xaneiro do 2010
É a primeira ocasión en que o alto mando militar Juan Aparicio Hernández-Lastras visita o alto comisionado parlamentario galego, Benigno López González.
A institución incorpórase á Plataforma de Contratación Pública de Galicia
8 de Xaneiro do 2010
O Valedor do Pobo publicará todos os procedementos de contratación da institución a través da plataforma pública da Xunta.
O Valedor do Pobo distribuirá 500 exemplares da revista que resume o seu Informe Ordinario 2008
14 de Decembro do 2009
O Alto Comisionado Parlamentario iniciou o envío da publicación que inclúe un cedé co informe completo correspondente ao exercicio pasado.
- Descargue: Un exemplar completo da revista (.pdf)
Comunicación institucional do Valedor do Pobo no 61º Aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos
10 de Decembro do 2009
Benigno López suscribe este 10 de decembro unha declaración institucional para ratificar o seu compromiso para co documento "para acadar o pulo necesario para traballar intensamente en pro do benestar máximo dos cidadáns".
O Valedor participou no Coloquio Internacional "Mediatisation: a comunicación ao servizo da mediación"
24 de Novembro do 2009
O encontro internacional dirixido a defensores de diferentes nacionalidades celébrouse os días 22 e 23 de novembro en Bélxica.
- Galería de imaxes: As fotografías do Coloquio Internacional
O Valedor do Pobo “redobra” o seu compromiso para coa protección dos dereitos dos menores que viven en Galicia no 20º Aniversario da Convención dos Dereitos do Neno
20 de Novembro do 2009
A institución emitiu unha declaración institucional para lembrar este 20 de novembro. A continuación reprodúcese de xeito íntegro.
O Valedor visita a sede da Fundación Galicia Europa en Bruxelas
20 de Novembro do 2009
Benigno López González trasladouse a Bruxelas para manter unha entrevista coa Directora da sede da Fundación Galicia Europa na cidade belga, para coñecer de cerca a súa labor e sentar as bases dunha colaboración futura.
O alto comisionado galego participou no XIV Congreso e Asemblea Anual dos Ombudsmanes iberoamericanos
2 de Novembro do 2009
Os defensores españois e iberoamericanos elixiron o pasado 29 de outubro en Madrid a Beatriz Merino, Defensora de Perú, como nova presidenta da FIO.
- Galería de imaxes: Congreso e Asemblea da FIO en Madrid
O Valedor do Pobo participou nas XXIV Xornadas de Coordinación de Defensores
22 de Outubro do 2009
Sevilla e Córdoba acolleron entre os días 18 e 21 de outubro o encontro organizado nesta ocasión pola Oficina do Defensor del Pueblo Andaluz, e que versou sobre os dereitos cidadáns ante a e-administración.
- Documento: Conclusions das XXIV Xornadas de Coordinación (.pdf)
- Galería de imaxes: As Xornadas de Sevilla, foto a foto.
O Valedor respondeu ás preguntas dos residentes no centro da terceira idade Geriatros-Coruña
2 de Outubro do 2009
Coincidindo co Día Internacional das Persoas Maiores, Benigno López aceptou o convite de Geriatros para manter unha xornada de contacto con estas persoas.
O Conselleiro de Economía e Industria entevístase co Valedor
29 de Setembro do 2009
Javier Guerra desprazouse este mediodía ata a sede do Valedor do Pobo.
O Valedor pide máis información ao Concello de Santiago e ás Consellerías de Presidencia e Cultura sobre as medidas de seguridade despregadas durante o concerto de Bruce Springsteen
29 de Setembro do 2009
Tamén solicita máis detalles á Consellería de Economía e Industria sobre as actuacións levadas a cabo cara a salvagarda dos dereitos dos consumidores.
O Valedor do Pobo participa na Conferencia Anual da ENOC
22 de Setembro do 2009
Trinta e cinco defensores de rexións europeas asisten en París á xuntanza anual da principal Rede europea para a defensa dos dereitos dos nenos.
O Valedor do Pobo pide á Consellería de Traballo e Benestar que lle informe “con urxencia” do uso que lle dará á “Gota de Leite” de Vigo
17 de Setembro do 2009
Este departamento da Xunta remitiu un escrito ao Valedor en xuño no que só barallaba dar un “uso social” ao antigo centro Fogar San Paio e anunciaba que a decisión definitiva chegaría nun prazo “breve”.
O Valedor do Pobo participa na World Fishing Exhibition, como membro do Comité de Honra
16 de Setembro do 2009
Benigno López González desprázase a Vigo para estar presente no acto inaugural, visitar os expositores e asistir á cea de apertura que ofrece o Concello ás autoridades.
Entrevista a Benigno López González en TVG
9 de Setembro do 2009
O Valedor do Pobo desprazouse esta mañá ata os estudos da TVG en San Marcos onde foi entrevistado en directo para o programa informativo "Bós Días".
O Valedor do Pobo, Benigno López González, resumiu ante o pleno do Parlamento de Galicia o seu Informe Ordinario relativo ao 2008
8 de Setembro do 2009
Na súa primeira comparecencia en pleno dende que arrancou a oitaba lexislatura, o alto comisionado reiterou á Cámara o seu compromiso de colaboración “leal e institucional”. As axudas á dependencia, os ruídos ou as listas de espera foron algunhas das preucupacións dos cidadáns que destacou. Instou á nova administración a atendelas porque “lle corresponde”.
- Intervención do Valedor do Pobo ante o Pleno: texto completo en pdf.
- Informe Ordinario 2008: texto íntegro en pdf
O Valedor investiga os presuntos incidentes do concerto de Springsteen en Santiago e pide informes á Xunta e ao Concello
11 de Agosto do 2009
O alto comisionado parlamentario riquire da Consellería de Economía e Industria, e do Concello de Santiago, información relativa as medidas de seguridade despregadas no Monte do Gozo durante o concerto de Bruce Springsteen celebrado o pasado 2 de agosto, e sobre as posibles responsabilidades en materia de consumo derivadas dos presuntos problemas de desorganización do mesmo.
O Valedor e a CRTVG colaboran na difusión en Galicia dun “spot” que fomenta a responsabilidade dos menores ao “colgar” fotos en Internet
22 de Xullo do 2009
O Director Xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia e o Valedor do Pobo asinaron hoxe un convenio para difundir na canle autonómica a campaña elaborada polo Defensor del Menor da Comunidade de Madrid.
Máis de trescentas persoas descargaron o Informe 2008 do Valedor na páxina web
13 de Xullo do 2009
Dende a súa entrega á Presidenta do Parlamento de Galicia o pasado 26 de maio, o Informe do Valedor foi descargado da páxina da institución nun total de 342 ocasións.
- Documento: Informe íntegro en pdf
O Valedor do Pobo celebrou cos defensores españois o 25 aniversario da promulgación da súa Lei
23 de Xuño do 2009
Durante dúas xornadas de traballo os participantes reflexionaron sobre o papel das defensorías, o camino percorrido e a resposta da cidadanía e as institucións as súas propuestas.
- Álbum de fotos: As xornadas en imaxes
- Documento: Lei 6/1984 do 5 de xuño do Valedor do Pobo
- En especial: Toda a información das xornadas
O Valedor participou na IX Conferencia Mundial do Instituto Internacional do Ombudsman
13 de Xuño do 2009
O encontro cuatrienal do IOI, Instituto Internacional do Ombudsman, coincidiu co bicentenario da creación do Ombudsman Parlamentario de Suecia.
- Galería de imaxes: As fotos das xornadas
O Valedor do Pobo apoia a causa solidaria do Movemento Nambuma Malawi
8 de Xuño do 2009
O alto comisionado parlamentario doou un trofeo para o torneo benéfico de fútbol sala organizado con fins solidarios o pasado fin de semana na Coruña.
O Valedor chama á actual Administración galega a habilitar mecanismos para que os problemas denunciados polos cidadáns nas súas queixas no 2008 non se repitan durante a nova etapa
3 de Xuño do 2009
Benigno López González compareceu hoxe ante a Comisión de Peticións do Parlamento para resumir o contido do seu Informe Ordinario correspondente ao ano 2008, entregado á Presidenta da Cámara hai unha semana.
O Valedor destaca a dependencia como a grande preocupación reflectida polos galegos nas 2.558 queixas tramitadas no 2008
26 de Maio do 2009
Benigno López González entregou hoxe á presidenta do Parlamento o informe anual relativo ao ano 2008, con trescentas queixas máis tramitadas que durante o ano anterior. Sanidade e Educación foron as dúas Consellerías máis implicadas polos reclamantes nas súas queixas dirixidas á Xunta de Galicia.
Representantes das defensorías autonómicas reúnense en Santiago para participar no obradoiro “Cidadanía e Administración electrónica”
20 de Maio do 2009
O Valedor do Pobo celebra hoxe en Santiago o obradoiro, enmarcado nos preparativos das xornadas anuais de coordinación de defensores de outubro en Sevilla.
O Valedor celebra as Letras Galegas na Fundación Luís Seoane de A Coruña
17 de Maio do 2009
Benigno López González, desprazouse onte no serán á Fundación Luís Seoane para participar no acto institucional convocado polo consistorio coruñés.
O Presidente da Xunta amosa o seu respecto á institución do Valedor e avoga pola continuidade da súa “conciencia crítica”
14 de Maio do 2009
O Valedor do Pobo, Benigno López González, foi recibido hoxe no Pazo de Raxoi polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
- Álbum de fotos da xuntanza


