Ferramentas

Menú Principal

Importante

Axenda

Área Privada

Documentación

Outros

Conclusións de Congresos, Xornadas, campañas divulgativas, etc.

Programa do Seminario "Adolescentes e novas tecnoloxías, unha responsabilidade compartida"

portada del programa

Profesionais, investigadores e institucións veñen amosando nos últimos anos unha crecente preocupación polo uso que os menores fan de Internet e as novas tecnoloxías. O seu impacto a nivel psicolóxico e condutual tradúcese a miúdo na aparición de comportamentos aditivos e/ou de risco, fracaso escolar e problemas familiares.

 

Tendo en conta o interese que o tema ven espertando a diferentes niveis, o pasado 2011 o Valedor do Pobo e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promoveron a realización dun ambicioso estudo cun dobre obxectivo: (1) dispoñer de datos fiables que permitisen coñecer cales son as actitudes, percepcións e usos de Internet e as redes sociais entre os adolescentes galegos (calibrando así a verdadeira magnitude do problema) e, (2) afondar na súa comprensión, contribuíndo ao deseño de estratexias que favorezan un uso máis racional e saudable da Rede.

 

Os datos recollidos permitiron estimar en arredor dun 15% os adolescentes que poderían estar facendo un uso pouco recomendable de Internet, ao que habería que engadir un 5% que presentarían signos de uso patolóxico, o que supoñería que preto de 4000 fogares galegos terían un problema importante a este nivel. Estes datos advertiron da necesidade de poñer en marcha plans de acción concretos de xeito inmediato.

 

Os principais retos son fundamentalmente dous: por un lado sensibilizar a pais e educadores desta realidade e, por outro favorecer a prevención e detección precoz dos posibles casos problemáticos.

 

Impulsados polo Valedor do Pobo vense de crear un grupo de traballo de carácter multidisciplinar, co obxectivo de acometer co máximo rigor e eficacia ambos retos.

 

Neste seminario seis destes expertos compartirán a súa experiencia, coñecementos e opinións cos asistentes, tentando proporcionarlles unha visión obxectiva e integral do problema, dende diferentes facianas e puntos de vista, coa finalidade última de achegarlles algunhas claves e ferramentas útiles para o seu día a día.

PROPOSTAS XXVI XORNADAS DEFENSORES DO POBO. "OS DEREITOS DAS PERSOAS MAIORES"

Inauguración das xornadas

Nos últimos anos a sociedade española está experimentando unha transformación derivada da acusada tendencia demográfica cara ao envellecemento, sen que os Defensores e Defensoras do Pobo e España observen que por parte das administracións e os poderes públicos planificouse de forma suficiente o novo escenario que debería ir necesariamente encamiñado cara á implementación de novas políticas públicas, cambio de patróns ociales e dotación de recursos asistenciais para as persoas maiores, sexan ou non autosuficientes.

Declaración sobre cidades seguras para mulleres emitido pola Rede de defensorías da muller da Federación Iberoamericana de Ombudsman

Rede de mulleres

No marco do XV Congreso e Asemblea Anual da Federación Iberoamericana do Ombudsman (FIO), celebrado en Cartaxena de Indias os días 26 a 28 de outubro de 2010, a Rede de defensorías da muller emitiu unha declaración sobre as cidades seguras para as mulleres, que se poden descargar nesta páxina.

Conclusións definitivas das XXVª Jornadas de Coordinación de los Defensores del Pueblo

Cartel

O impacto da actual crise económica tivo o seu reflexo na actividade das Defensorías do Pobo a través de consultas, queixas e de actuacións de oficio nas que se notan os seus efectos no exercicio dos dereitos e das liberdades constitucionais das persoas. Ante esta situación, os Defensores e Defensoras do pobo, celebraron as súas XXVª xornadas de Coordinación reflexionando sobre o impacto da crise económica nos dereitos das persoas, e extraendo unha serie de conclusións que, se obtiveron como suma da experiencia e do día a día na protección e defensa dos dereitos fundamentais e liberdades públicas.

Intervención do Valedor do Pobo ante o Pleno do Parlamento de Galicia para presentar o Informe Ordinario 2009

momento da comparecencia

Texto íntegro da intervención do Valedor do Pobo, D. Benigno López González, ante o pleno da Cámara o 13 de abril de 2010, con motivo da súa comparecencia para resumir o Informe Ordinario da institución correspondente ao ano 2009. *Só ao seu dispor en galego.

Plan Estratéxico de actuación da institución do Valedor do Pobo para o periodo 2008-2012)

Portada do documento

O Valedor do Pobo, Benigno López, presentou o 4 de abril de 2008 un plan estratéxico con vixencia para o período 2007-2012, co que pretende mellorar a prestación de servizos da institución e a atención ás persoas axilizando os seus trámites, garantindo o principio de transparencia e unha maior participación da sociedade na denuncia de problemas que afectan á comunidade. Para a posta en marcha destas liñas de actuación conta como aliadas coas novas tecnoloxías, por medio das que intentará achegarse á sociedade....

Artigo: "El Medio Ambiente en Galicia a la luz de los informes del Valedor do Pobo"

Non hai imaxe

Artigo publicado en: "Actualidad Jurídica Ambiental", 30 de novembro de 2009.

Resumo: 

En Galicia, cunha natureza similar á do Defensor del Pueblo, o Valedor do Pobo desenvolve funcións de supervisión da Administración Pública Autonómica. Os informes que presenta no Parlamento galego constitúen unha privilexiada fonte de coñecemento e análise para abordar a situación actual e as novas perspectivas do Dereito ambiental en Galicia. Neste artigo, o autor fai un percorrido polos principais problemas que afectan a esta Comunidade Autónoma en materia de medio ambiente, analiza a idoneidade dos principais instrumentos xurídicos deseñados
para facerlles fronte e valora o grao de eficacia da intervencion pública no que á protección o medio ambiente refírese.

 

 

*Para descarga pique no icono .pdf da parte inferior desta información.

Conclusións das XXIV Xornadas de Coordinación de Defensores

Tríptico

Documento de conclusións das XXIV Xornadas de Coordinación de Defensores celebradas en Sevilla entre os días 19 e 21 de outubro de 2009.

Intervención do Valedor do Pobo ante o Pleno do Parlamento de Galicia, para presentar o Informe Ordinario 2008

Non hai imaxe

Texto íntegro da intervención do Valedor do Pobo, D. Benigno López González, ante o pleno da Cámara con motivo da súa comparecencia para resumir o Informe Ordinario da institución correspondente ao ano 2008. *Sólo dispoñible en galego.

Recomendacións aos menores para unha navegación segura por Internet

Portada do triptico

O Valedor do Pobo editou 100.000 exemplares do folleto "Recomendacións aos menores para unha navegación segura por Internet" que se distribuirán entre outros tantos escolares galegos de Infantil e Primaria, co obxecto de dar unhas pautas para que se blinden ante os perigos da Rede.

*Se desexa conseguir un exemplar en papel, pode facelo a través do presente formulario. Se o que desexa é descargarlo en pdf, basta con que pulse no símbolo de Adobe máis abaixo.