Documentación
Últimos informes e documentos
Informe Ordinario 2012
O art. 36 da Lei 6/1984, de 5 de xuño, do Valedor do Pobo, sinala, entre outras cousas, que a dita institución “dará conta anualmente ao Parlamento da xestión realizada nun informe”, que será publicado. O presente informe dá satisfacción a tal previsión legal no concernente ao ano 2012.
Programa do Seminario "Adolescentes e novas tecnoloxías, unha responsabilidade compartida"
Profesionais, investigadores e institucións veñen amosando nos últimos anos unha crecente preocupación polo uso que os menores fan de Internet e as novas tecnoloxías. O seu impacto a nivel psicolóxico e condutual tradúcese a miúdo na aparición de comportamentos aditivos e/ou de risco, fracaso escolar e problemas familiares.
Tendo en conta o interese que o tema ven espertando a diferentes niveis, o pasado 2011 o Valedor do Pobo e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promoveron a realización dun ambicioso estudo cun dobre obxectivo: (1) dispoñer de datos fiables que permitisen coñecer cales son as actitudes, percepcións e usos de Internet e as redes sociais entre os adolescentes galegos (calibrando así a verdadeira magnitude do problema) e, (2) afondar na súa comprensión, contribuíndo ao deseño de estratexias que favorezan un uso máis racional e saudable da Rede.
Os datos recollidos permitiron estimar en arredor dun 15% os adolescentes que poderían estar facendo un uso pouco recomendable de Internet, ao que habería que engadir un 5% que presentarían signos de uso patolóxico, o que supoñería que preto de 4000 fogares galegos terían un problema importante a este nivel. Estes datos advertiron da necesidade de poñer en marcha plans de acción concretos de xeito inmediato.
Os principais retos son fundamentalmente dous: por un lado sensibilizar a pais e educadores desta realidade e, por outro favorecer a prevención e detección precoz dos posibles casos problemáticos.
Impulsados polo Valedor do Pobo vense de crear un grupo de traballo de carácter multidisciplinar, co obxectivo de acometer co máximo rigor e eficacia ambos retos.
Neste seminario seis destes expertos compartirán a súa experiencia, coñecementos e opinións cos asistentes, tentando proporcionarlles unha visión obxectiva e integral do problema, dende diferentes facianas e puntos de vista, coa finalidade última de achegarlles algunhas claves e ferramentas útiles para o seu día a día.
| Índice de Informes e Documentos | Nº de arquivos |
|---|---|
| Informes Ordinarios Aquí atopará todos os informes anuales ordinarios da institución do Valedor do Pobo dende o ano 1998. Os anteriores, en formato impreso, están dispoñibles na Biblioteca sa sede do alto comisionado na compostelana Rúa do Hórreo. |
23 |
| Informes Extraordinarios O Valedor do Pobo daralle conta anualmente ó Parlamento da xestión realizada nun informe que presentará ante este no perío |
8 |
| Normativa do Valedor Toda a normativa que regula o funcionamento, a organización e as relacións do Valedor do Pobo co Parlamento de Galicia. |
8 |
| Publicacións Todos os folletos, libros, edicións, manuais, documentos publicados polo Valedor ou por outras entidades que garden relación co traballo da institución e a defensa dos dereitos das persoas. |
5 |
| Revistas Todos os números da revista anual "Derechos Ciudadanos" que editan as Defensorías Autonómicas. |
4 |
| Outros Conclusións de Congresos, Xornadas, campañas divulgativas, etc. |
13 |


